Novo proxecto de Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023
Achegamos o borrador do Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023-6º versión- que a Consellería de Sanidade distribuíu hai uns días dunha maneira discrecional. Creemos que, por unha cuestión de transparencia e calidade democrática, este texto ha de ser de coñecemento público e estar dispoñible para todas as persoas interesadas, non só para quen decide a […]
O CASTIGO DE ILLAMENTO SOLITARIO
Cando estamos a comenzar a fase de desescalada no confinamento no que estivemos a vivir hai máis de mes e medio, despois de coñecer na nosa propia experiencia os seus primeiros efectos físicos e psicolóxicos, é momento adecuado para recordar a terrible realidade das persoas que, condenadas por moito máis tempo á privación da súa […]
PORQUE NON TODO É O COVID, DEBEMOS ASEGURAR A ACCESIBILIDADE E CONTINUIDADE NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL
Hai 4 semanas que se declarou a emerxencia sanitaria polo COVID 19. Dado o aumento exponencial da incidencia de contaxios e a necesidade de hospitalización dunha parte dos pacientes pola gravidade do seu estado de saúde, houbo que reorganizar espazos, recursos e persoal para potenciar os equipos COVID. Así mesmo, desde os primeiros días deuse […]
AVISO DE APRAZAMENTO
VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental INFANCIAS INTERROMPIDAS. FUTUROS HIPOTECADOS Dadas as circunstancias actuais da emerxencia sanitaria polo COVID 19, e a previsión de que as decisións sobre a desescalada nas medidas de protección e seguridade para evitar os contaxios van implicar un procedemento gradual ata a normalización, fan que sexa difícil ou […]
SEGUIMENTO DAS INCIDENCIAS NO COLECTIVO DE SAÚDE MENTAL NA EMERXENCIA COVID 19
Recoñecemento do papel do persoal de enfermaría na protección dos pacientes e persoal nas unidades de ingreso e residenciais psiquiátricas. Temos coñecemento de que, en ausencia de plans de continxencia dos servizos de psiquiatría, en especial para as unidades de ingreso, o persoal de enfermaría está a tomar a iniciativa de planificar e adaptar posibles […]
SEGUIMENTO INCIDENCIAS NO COLECTIVO DE SAÚDE MENTAL NA EMERXENCIA COVID-19
Servizo de psiquiatría de Ourense. 27/3/2020 Tal como nos temíamos que ía ocorrer, notificáronse varios contaxios no persoal e pacientes ingresados no Servizo de Psiquiatría de Ourense. E hai máis persoas esperando polo resultado das probas. Dada a potencia de transmisión do contaxio do COVID-19 non se pode garantir que non se dean casos positivos […]
SITUACIÓNS SOBREVIDAS A COLECTIVOS DE SAÚDE MENTAL ANTE A EMERXENCIA COVID-19.
HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO. 24/3/2020. No marco do constante cambio ao que nos enfrontaremos nas próximas semanas ante a emerxencia COVID-19, tendo en conta que as persoas con problemas de saúde mental, nomeadamente quen padecen trastorno mental grave, son persoas en situación de especial vulnerabilidade, e as profesionais sanitarias necesitarán seguir coidando nunha situación de […]
BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: A RESPOSTA MÁIS EFICAZ ANTE AS SITUACIÓNS DE CRISE. QUE NINGÚEN QUEDE ATRÁS, NIN AGORA NIN DESPOIS.
Hai semanas que parecen anos, e a crise que estamos a vivir polo COVID-19 é un claro exemplo disto. E ao mesmo tempo, impresiona que estamos a pasar por todas as fases de dó dun xeito acelerado: negación- ira- negociación- depresión- aceptación. A resposta colectiva, unha vez máis, é dunha grandeza indescritible: solidariedade, fortaleza, xenerosidade, […]
PROPOSTAS PROGRAMÁTICAS SOBRE SAÚDE MENTAL. ELECCIÓNS AO PARLAMENTO GALEGO 2020
Coa vontade de colaborar na procura da mellor atención á saúde mental en Galicia, baseada na protección dos dereitos humanos, a equidade no acceso ás prestacións e recursos, e a calidade na atención sanitaria e coidado das persoas, desde o Movemento Galego da Saúde Mental propoñemos 7 eixes básicos de propostas programáticas para o futuro […]
Videoconversa Marta Plaza e Anita Botwin
Enlazamos a vídeo-conversa realizada por Marta Plaza e Anita Botwin para a VI Xornadas do MGSM e titulada ” os nosos corpos como campo de batalla (tamén) en saúde mental: esterilizacións forzosas, saúde reprodutiva e outras violacións dos nosos dereitos” https://drive.google.com/open?id=1HTibYOmg8YO5vO610c2iMkjVwJBCJ35B