Blog

Valoración do Movemento Galego da Saúde Mental sobre a proposición de lei galega de saúde mental, de iniciativa popular, impulsada pola Fundación Salma

Meses atrás o Movemento Galego da Saúde Mental recibiu o borrador dun texto lexislativo sobre saúde mental en Galicia. O proxecto estaba a ser impulsado por unha fundación (Fundación Salma) constituída moi recentemente e da que non tiñamos ningún dato, referencia, nin coñecemento. Describíase como obxectivo principal do texto o de “protexer os dereitos e […]

Read More

“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO” Día dos Dereitos Humanos 2021

“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO” Día dos Dereitos Humanos 2021

Na Declaración dos Dereitos Humanos recóllese que “todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa” (artigo 3) e que “ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes” (artigo 5). A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada polo Reino de […]

Read More

PETICIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE O SEGUIMENTO DO EXPEDIENTE INFORMATIVO SOBRE A PRESUNTA AGRESIÓN OCORRIDA NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUS

Con data de 22 de outubro de 2021 rexistramos unha petición de información ante a Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, para interesarnos pola marcha do procedemento aberto para esclarecer os feitos que se produciron no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela en relación coa suposta agresión […]

Read More

INFORME DA ASEMBLEA DO MGSM EN SANTIAGO O DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2021, NO MARCO DA VII XORNADA DO MGSM

INFORME DA ASEMBLEA DO MGSM EN SANTIAGO O DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2021, NO MARCO DA VII XORNADA DO MGSM

  Ao remate da VII Xornada do MGSM, “Mocidade en risco de expulsión. A diversidade coo ferramenta de futuro”, realizamos a asemblea , diante do que se presentou o informe de actividades realizado, as liñas xerais de actividade do vindeiro período, e a proposta de composición de coordinadora.  Por mor da pandemia covid-19,tivemos que adiar […]

Read More

DE NOVO, O MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA, (DEFENSOR DEL PUEBLO) DENUNCIA IRREGULARIDADES NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

DE NOVO, O MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA, (DEFENSOR DEL PUEBLO) DENUNCIA IRREGULARIDADES NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Entre os días 6 e 8 de xullo de 2021, realizouse unha visita, sen previo aviso, ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, esta vez dentro do proxecto de visitas con enfoque de xénero. Acaban de publicar as conclusións da ficha de seguimento, onde listan as conclusións e resolucións xerais que este organismo estatal realiza, dentro da […]

Read More

DEREITOS COMO CONDICIÓNS NECESARIAS PARA A SAÚDE MENTAL COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2021

Sinala Dainius Püras, o anterior Relator especial da ONU sobre o dereito de toda persoa ao disfrute do máis alto nivel posible de saúde física e mental, que o dereito á saúde non é un dereito a estar san, senón o dereito tanto a condicións como a servizos que conduzan a unha vida digna e […]

Read More

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2021

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2021

Un ano máis, o Movemento Galego da Saúde Mental sae á rúa para visibilizar a dura realidade que é o suicidio, sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade urxente de tomar conciencia e actuar na prevención do mesmo e denunciar o retraso, cando non desleixo, dos gobernos en implantar de forma decidida todas as estratexias que […]

Read More

UNHA MORTE INACEPTABLE E O HULA (SERGAS) RESPONSABLE

UNHA MORTE INACEPTABLE E O HULA (SERGAS) RESPONSABLE

Era maio de hai tres anos. Na prensa do día 12 chamaba a atención un titular: “Una mujer muere en el HULA al caer desde un cuarto piso”. Días despois a noticia ampliábase e familiares da muller falecida pedían ao SERGAS unha explicación. Para o SERGAS era como si chovera. Total xa tiña aprobado un […]

Read More

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental MOCIDADE EN RISCO DE EXPULSIÓN. A DIVERSIDADE COMO FERRAMENTA DE FUTURO En Santiago, 16 de outubro de 2021 O ano pasado non puidemos organizar a xornada anual do MGSM en ningunha das dúas ocasións que o planificamos. Decidimos non facer un acto destas características a través […]

Read More

INFORMACIÓN DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E O BARBANZA SOBRE PRESUNTA AGRESIÓN A PACIENTE

Con data de 30 de xullo de 2021 dous membros da coordinadora do MGSM acodimos a unha xuntanza no Hospital Clínico, após de sermos convocadxs pola Xerencia da área sanitaria. A finalidade desta xuntanza, á que acodiron tanto a Xerenta coma o Director de procesos asistenciais, era responder ao escrito que o Movemento fixera chegar […]

Read More