Carta de Dereitos

ACCESO A SERVIZOS E AUTONOMÍA

Tes dereito a:

  • Ser tratado con dignidade por todo o persoal do Sistema Galego de Saúde.

  • Ao recoñecemento da túa personalidade xurídica e da túa capacidade en igualdade de condicións coas demais persoas en todos os aspectos da vida.

  • Recibir, conforme á lei, o apoio que poidan necesitar no exercicio da túa capacidade, con salvagardas adecuadas e efectivas para impedir os abusos.

  • Á liberdade e seguridade persoais. Non se che privarán da túa liberdade ilegal o arbitrariamente e calquera medida de privación da túa liberdade será adoptada de conformidade coa lei, respectando sempre o principio de restrición mínima, e, en caso de ingreso ou tratamento non voluntario, tódalas garantías esixidas pola lexislación vixente.

  • Protección da túa integridade física e mental e a non ser sometidos a tortura ou outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes e a ser protexido contra tódalas formas de explotación, violencia e abuso, incluídos os aspectos relacionados co xénero.

  • A coñecer e recibir información sobre os protocolos e procedementos regrados baixo os que se aplicarán as medidas de contención mecánicas en caso de ser necesarias.

  • Recibir atención sanitaria e soportes sociais en condicións de igualdade, sen que poida ser obxecto de discriminación por razón algunha, respectando a túa personalidade, dignidade humana e intimidade a que se che ofreza a atención, as prestacións e servizos sanitarios dispoñibles que se consideren necesarios para coidar a túa saúde, independentemente da túa patoloxía mental.

  • Recibir información en linguaxe comprensible de todo o relacionado co teu proceso. A esta información tamén terán dereito os teus familiares ou achegados se ti o autorizas.

  • Que quede constancia escrita ou en soporte técnico adecuado do teu proceso, gardando a información na túa historia clínica. Tamén tes dereito a acceder ao teu historial

  • Elixir entre as opcións que che presente o teu médico/a, así como negarse a calquera intervención sanitaria, salvo nos supostos legais establecidos e a participar na medida do posible na toma de decisións ao longo do proceso sanitario..

  • Coñecer, e autorizar previamente e por escrito a actuación, cando os procedementos que se che realícen vaian ser utilizados nun proxecto docente ou de investigación que en ningún caso poderá comportar perigo adicional para a túa saúde.

  • Que se manteña a confidencialidade de toda a información relacionada coa túa atención en calquera centro sanitario; así como ao acceso destes datos persoais obtidos durante a mesma.

  • Ter un libre exercicio da túa sexualidade sen que sexa menoscabado pola condición de paciente psiquiátrico.

  • A obter información verbal e escrita sobre saúde reprodutiva e planificación familiar, e ás posibles interferencias de psicofármacos na vida sexual e reprodutiva.

  • Coñecer e recibir información sobre o protocolo e o procedemento preciso que asegure o cumprimento das garantías legais no caso de indicación de esterilización e aborto

ASISTENCIAIS SANITARIOS

Tes dereito a:

  • Ser atendido e recibir tratamento por persoal cualificado e destinado a preservar a túa autonomía e nunca como castigo ou para conveniencia de terceiros
  • Ser ingresado nunha Unidade de Saúde mental infanto-xuvenil, se es menor de idade.
  • Que se teñan en conta as instrucións previas, manifestadas mediante o procedemento establecido.
  • Que se identifiquen de forma adecuada todos/as os profesionais que te atendan en canto a nome e posto de traballo.
  • Asignación de persoal facultativo, que será o teu interlocutor co equipo asistencial e do persoal de enfermería responsable do seguimento e plan de coidados. En caso de ausencia as persoas substitutas asumiran dita responsabilidade.
  • Realizar as reclamacións que consideres oportunas.
  • Información dos servizos dos que podes dispoñer, tales como teléfono, correo, información e outros. Nome, cargo e localización da persoa á que te podes dirixir en caso de precisar información e da situación das caixas do correo de suxestións.
  • Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación, conforme ao desenvolvemento das mesmas nos servizos sanitarios, con criterios de accesibilidade, seguridade e continuidade.
  • Decidir se queres ser consultado, explorado ou simplemente observado polos estudantes e residentes en Ciencias da Saúde.
  • Esixir todas as medidas cautelares cando se produza un ingreso involuntario (Presencia de Xuíz e médico forense, e asistencia letrada, segundo ditame…).
  • O tratamento para paliar o sufrimento e a dor tanto naquelas situacións críticas como ante o proceso da morte

  • Coñecer a normativa do centro recibir a carta de dereitos de deberes así como os servicios dos que pode dispoñer.