Author: movementogalegosaudemental

O PLAN DE SAÚDE MENTAL POSCOVID. OU COMO PRETENDER COMUNGAR CON RODAS DE MUÍÑO.

Sae adiante, polo menos como anuncio electoral, o plan galego de saúde mental de Galicia. Publícanse uns documentos relacionados (parecen ser documentos parciais dun plan máis elaborado) onde podemos ver os resumos das liñas estratéxicas principais, a previsión de aumento de persoal e a calendarización dos diferentes proxectos que desenvolven cada eixo estratéxico. Iremos analizando […]

Read More

Documentos relacionados co Plan de Saúde Mental de Galicia

Coincidindo coa nosa queixa de non estar disponible o contido do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid 19, a Xunta de Galicia publica algúns dos documentos relacionados co plan. Á espera de ter toda a información sobre o mesmo, difundimos esta nova co fin de facilitar unha mellor accesibilidade á información https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/PLAN-DE-SAUDE-MENTAL-DE-GALICIA-POSCOVID-19

Read More

COMUNICADO DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL (MGSM) TRAS O ANUNCIO DA APROBACIÓN DO PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA POSCOVID-19.

O día 25 de xuño, só unhas horas antes de iniciarse a campaña electoral ás eleccións galegas de 2020, o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que aspira á re-elección, celebra a aprobación do “maior plan de saúde mental que se fixo desde a transferencia do Sergas”, cun investimento de 83 millóns […]

Read More

Novo proxecto de Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023

Novo proxecto de Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023

Achegamos o borrador do Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023-6º  versión- que a Consellería de Sanidade distribuíu hai uns días dunha maneira discrecional. Creemos que, por unha cuestión de transparencia e calidade democrática, este texto ha de ser de coñecemento público e estar dispoñible para todas as persoas interesadas, non só para quen decide a […]

Read More

O CASTIGO DE ILLAMENTO SOLITARIO

O CASTIGO DE ILLAMENTO SOLITARIO

Cando estamos a comenzar a fase de desescalada no confinamento no que estivemos a vivir hai máis de mes e medio, despois de coñecer na nosa propia experiencia os seus primeiros efectos físicos e psicolóxicos, é momento adecuado para recordar a terrible realidade das persoas que, condenadas por moito máis tempo á privación da súa […]

Read More

PORQUE NON TODO É O COVID, DEBEMOS ASEGURAR A ACCESIBILIDADE E CONTINUIDADE NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL

Hai 4 semanas que se declarou a emerxencia sanitaria polo COVID 19. Dado o aumento exponencial da incidencia de contaxios e a necesidade de hospitalización dunha parte dos pacientes pola gravidade do seu estado de saúde, houbo que reorganizar espazos, recursos e persoal para potenciar os equipos COVID. Así mesmo, desde os primeiros días deuse […]

Read More

AVISO DE APRAZAMENTO

VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental INFANCIAS INTERROMPIDAS. FUTUROS HIPOTECADOS Dadas as circunstancias actuais da emerxencia sanitaria polo COVID 19, e a previsión de que as decisións sobre a desescalada nas medidas de protección e seguridade para evitar os contaxios van implicar un procedemento gradual ata a normalización, fan que sexa difícil ou […]

Read More

SEGUIMENTO DAS INCIDENCIAS NO COLECTIVO DE SAÚDE MENTAL NA EMERXENCIA COVID 19

Recoñecemento do papel do persoal de enfermaría na protección dos pacientes e persoal nas unidades de ingreso e residenciais psiquiátricas. Temos coñecemento de que, en ausencia de plans de continxencia dos servizos de psiquiatría, en especial para as unidades de ingreso, o persoal de enfermaría está a tomar a iniciativa de planificar e adaptar posibles […]

Read More

SEGUIMENTO INCIDENCIAS NO COLECTIVO DE SAÚDE MENTAL NA EMERXENCIA COVID-19

Servizo de psiquiatría de Ourense. 27/3/2020 Tal como nos temíamos que ía ocorrer, notificáronse varios contaxios no persoal e pacientes ingresados no Servizo de Psiquiatría de Ourense. E hai máis persoas esperando polo resultado das probas. Dada a potencia de transmisión do contaxio do COVID-19 non se pode garantir que non se dean casos positivos […]

Read More

SITUACIÓNS SOBREVIDAS A COLECTIVOS DE SAÚDE MENTAL ANTE A EMERXENCIA COVID-19.

SITUACIÓNS SOBREVIDAS A COLECTIVOS DE SAÚDE MENTAL ANTE A EMERXENCIA COVID-19.

HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO. 24/3/2020. No marco do constante cambio ao que nos enfrontaremos nas próximas semanas ante a emerxencia COVID-19, tendo en conta que as persoas con problemas de saúde mental, nomeadamente quen padecen trastorno mental grave, son persoas en situación de especial vulnerabilidade, e as profesionais sanitarias necesitarán seguir coidando nunha situación de […]

Read More