Blog

AVISO DE APRAZAMENTO

VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental
INFANCIAS INTERROMPIDAS. FUTUROS HIPOTECADOS
Dadas as circunstancias actuais da emerxencia sanitaria polo COVID 19, e a previsión de que as decisións sobre a desescalada nas medidas de protección e seguridade para evitar os contaxios van implicar un procedemento gradual ata a normalización, fan que sexa difícil ou mesmo inadecuado manter o 30 de maio como a data da realización da xornada do MGSM.
Por esta razón, pensamos que a mellor solución é aprazar a xornada ao sábado  17 de outubro de 2020, en Santiago de Compostela, mantendo o tema inicial. Como dicíamos hai meses na presentación da xornada de 2020, o contido xirará en torno á infancia e as problemáticas que afectan ao benestar, saúde e oportunidades dos nenos e nenas, desde achegamentos diversos como son o social, o educativo e o sanitario. É moi probable que estas cuestións sexan máis centrais que nunca na situación que estamos a vivir hoxe e as súas consecuencias a medio e longo prazo, non soamente as directamente asociadas coa saúde, senón as repercusións sociais, relacionais ou económicas.
Será unha ocasión para vernos e compartir opinións e experiencias, perspectivas e proxectos arredor do vivido e do que estará por vir. Ninguén ha de quedar atrás, e xornada é unha oportunidade para facer colectivo sobre o que nos é común.
2 Comments - Leave a Comment

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*