Blog

SITUACIÓNS SOBREVIDAS A COLECTIVOS DE SAÚDE MENTAL ANTE A EMERXENCIA COVID-19.

SITUACIÓNS SOBREVIDAS A COLECTIVOS DE SAÚDE MENTAL ANTE A EMERXENCIA COVID-19.
HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO. 24/3/2020.
No marco do constante cambio ao que nos enfrontaremos nas próximas semanas ante a emerxencia COVID-19, tendo en conta que as persoas con problemas de saúde mental, nomeadamente quen padecen trastorno mental grave, son persoas en situación de especial vulnerabilidade, e as profesionais sanitarias necesitarán seguir coidando nunha situación de seguridade e protección para elas mesmas, o Movemento Galego da Saúde Mental quere transmitir a necesidade de priorizar o seguimento das situacións que se vaian producindo para dar respostas áxiles e seguras para todos.
Con frecuencia o colectivo relacionado coa saúde mental, pacientes e profesionais, estamos máis expostos ao abandono e discriminación. E non queremos que a urxencia sanitaria sexa un motivo para profundar nesta realidade desafortunada,
Hoxe queremos insistir na necesidade de elaborar un Plan de continxencia  COVID para o Hospital Psiquiátrico de Conxo coa maior premura posible. Trátase dun centro onde residen máis de 200 internos, e traballan a diario máis de 100 profesionais. Que aparezan persoas con contaxio COVID é un feito, e requírese dun plan que minimice ao máximo posible a transmisión do contaxio, máxime cando hai persoas con condicións de saúde física que son de risco de complicacións graves. Hai que organizar espazos onde os residentes poidan ficar coas máximas garantías de seguridade.
Non se pode perder tempo. Ninguén pode quedar atrás.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*