Blog

Programa da VI Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

Programa da VI Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

VI Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental 

CONTRIBUCIÓNS E CONTRADICIÓNS PROFESIONAIS NA MODIFICACIÓN XUDICIAL DA CAPACIDADE E NA PROTECCIÓN DOS DEREITOS DAS PERSOAS

En Santiago o 15 de xuño

  • Salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur)

Horario:

9.00-Recepción de asistentes.

9.30-Presentación e apertura da actividade da Xornada.

Rosa Cerqueiro Landín.

Psicóloga Clínica. EOXI Pontevedra e O Salnés.

9.45- Mesa: A modificación xudicial da capacidade das persoas e a protección dos seus dereitos.

Coordina: Benito López-de Abajo Rodriguez.

Xefe de Servizo de Clínica do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

  • Novas perspectivas da modificación xudicial da capacidade.

Fuencisla Ladrón De Cegama Escudero. Fiscal de Santiago.

  • Incapacidade e recuperación: dificultades reflexionadas.

María Xesús García Álvarez. Psiquiatra. Hospital de Día. EOXI Santiago.

  • Funcións e dificultades do exercicio da curatela.

Beatriz Devesa Pérez Bovillo. Familiar curadora.

  • Traballo social con pacientes crónicos incapacitados.

María Luisa Ortega García. Traballadora social. Hospital Psiquiátrico de Conxo.

  • Os nosos corpos como campo de batalla (tamén) en saúde mental: esterilizacións forzosas, saúde reprodutiva e outras violacións dos nosos dereitos.(video-conversa)

Anita Botwin. Periodista especializada en feminismos e diversidades funcionais.

Marta Plaza. Activista tola.

11.45- Descanso.

12.00- Conferencia-coloquio: Da domesticación da loucura, un discurso do poder en saúde mental.

José Berdullas Barreiro. Psicólogo clínico. EOXI Pontevedra e O Salnés.

13.00- Descanso.

13.15- Asamblea do MGSM.

  • Informe de actividade.
  • Elección da Coordinadora e Portavoz.

_____________________________________________________________________

  • Para participar só debes inscribirte enviando correo a esta dirección:

mgsaudemental@gmail.com

  • A inscrición é gratuita. O número de inscricións só se verá limitado pola capacidade de aforo do salón de actos e darase prioridade por orde de inscrición.

987 Comments - Leave a Comment
  • Alí Tuntün -

    Galicia por qué motivo ten que estar sempre “detrás de”. Non entendo porqué ese facer o que fan en Madrid despois de que xa non lle interesa a nin dios.

  • Alí Tuntün -

    Non entendo como se lle pode dar tantas voltas ao tema dereitos e legal. A perda absoluta de tempo e enerxía da proposta de lei de Podemos é unha mostra absurda desto. Mesmo a ONU falou en contra de redactar leis aparte para o colectivo tolo.
    Igualdade de dereitos. Punto.
    Se hai risco dalgún tipo, se acompaña á persoa e se lle ofrecen espazos de seguridade (para ela, que nos coñecemos).
    Ah… “Que non hai profesionais ou non están formados”, se buscan e se forman coa participación do colectivo tolo.
    “É que hai que cambiar a organización, o sistema de atención, os reglamentos,…” Se fai a través do terceiro sector con fiscalización do colectivo tolo.
    “Que non hai forma de facer esa fiscalización…” Un sindicato de tolos formados nos temas da súa incumbencia.

  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *