Blog

Informe da ONU: Convención sobre os dereitos da Persoas con Discapacidade

Informe da ONU: Convención sobre os dereitos da Persoas con Discapacidade

Informe

Só dispoñíbel en inglés todavía (adoitan tardar un tempo en telo noutros idiomas).

Traducción de fragmentos (selección nosa).

Os entrecomiñados son cita literal.

Nas primeiras oracións do Informe e en sé de Principais áreas de preocupacións e recomendacións, sinálase:

“a) O predominio do enfoque paternalista e a falta de regulacións baseadas en dereitos humanos nos sistemas de saúde mental, e a falta de estratexias explícitas dirixidas a asegurar que as persoas con discapacidade son protexidas de discriminacións e malos tratos”

-Inciso 18:

“Ao Comité preocupan

(…)

b) As mortes denunciadas de persoas con discapacidade psicosocial como consecuencia de internamento/contención  involuntario e tratamentos médicos inadecuados”

-Preocupa ao Comité (inciso 26):

“a) O artigo 763 da Lei de Axuizamento Civil continúa a permitir que as persoas con discapacidade intelectual ou psicosocial se vexan suxeitas a internamento involuntario en institucións que as privan da súa liberdade e as suxeitan a tratamentos médicos compulsivos e a contención mecánica

b) O uso da medicación imponse a persoas con discapacidade psicosocial como requisito para acceder a medidas de apoio psicosocial e servizos de asistencia no domicilio

c) A falta de concienciación entre os profesionais de saúde sobre as provisións e obrigas contidas na Convención conduce a que a institucionalización forzosa e as contencións mecánicas se vexan, de xeito erróneo, como alternativas terapéuticas xustificadas”

Inciso 29 (segunda metade):

“O Comité tamén se manifesta preocupado polo feito de que as persoas con discapacidade en institucións, en particular persoas con discapacidade intelectual, están nunha situación de risco de ser sometidas a humillacións ou malos tratos.  Preocupa a ausencia dun mecanismo independente cun enfoque de dereitos humanos que monitorice as institucións de saúde mental no Estado Parte”

-Inciso 30:


O Comité recomenda ao Estado Parte:

“a) Eliminar o uso de medidas de contención, impostas por motivos baseados na discapacidade, en todos os contextos”

– Inciso 34:


Urxe ao Estado “a abolir completamente as esterilizacións, os tratamentos médicos e a experimentación con persoas con discapacidade sen un consentimento informado e completo das persoas involucradas”

-Inciso 59.c:

O Comité recomenda ao Estado Parte:

“Establecer un mecanismo obrigatorio de rexistro de calquera tratamento forzoso, incluído internamento involuntario, contención mecánica, medicación forzosa e terapia electro-convulsiva, que acontezan en institucións de saúde”

797 Comments - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *