Blog

TODO ERA CERTO…AGÁS ALGÚNS DETALLES

TODO ERA CERTO…AGÁS ALGÚNS DETALLES

O Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, que é exercido en España pola Institución del Defensor del Pueblo, en cumprimento da Convención das Nacións Unidas contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes, e de acordo co seu protocolo facultativo, ven de dar a coñecer a ficha de seguimento da visita realizada ao Hospital Psiquiátrico de Conxo en novembro de 2017, como consecuencia da cal elaborou un informe ao que o MGSM dou difusión e valorou (aquí os extractos).

Recordamos agora que por parte dos responsables xestores e asistenciais do SERGAS da Área Sanitaria de Santiago, e posteriormente no Parlamento por parte do PP, negouse a veracidade do contido do informe.

A ficha contén dez indicacións do MNP que foron aceptadas polo SERGAS, cinco rexeitadas, e sete continúan en seguimento dende o MNP.

As indicacións rexeitadas afectan a dereitos, participación, e protección das persoas ingresadas; sobre esas cuestións terán que volver de novo xestores e responsables asistenciais debido á insuficiente comprensión que parecen ter sobre que se lles formulaba

E sete, como dicimos, aínda seguen pendentes. As demais foron aceptadas, anque aínda non resoltas de todo.

Pouco a pouco, inevitablemente, terán que ir respondendo adecuadamente os responsables do SERGAS de acordo coa importancia da cuestión (prevención da tortura e tratos crueis, inhumanos ou degradantes), da Institución que interpelou ao SERGAS (MNP-Defensor del Pueblo), e do rango normativo que obriga (Convención de Nacións Unidas).

Os tempos de “…todo es falso menos alguna cosa” (M.R.) hai que ilos deixando atrás.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*