Blog

“…o único que podes sentir é odio cara ao ser humano.”

“…o único que podes sentir é odio cara ao ser humano.”

Ía semidesnudo camiñando por unha rúa de Coruña. Para un coche policial, pídenme que os acompañe á comisaría, onde me poñen as esposas debido a un protocolo con cámaras, segundo o cal todas as persoas detidas nesa zona teñen que estar esposadas. Acepto poñelas. O motivo da detención é que me nego a identificarme. Pasei a fin de semana no calabozo, ata o luns, que era cando abría o xulgado.

Os policías que me deteñen son os que me acompañan ao xulgado, pasando por varias estancias porque me negaba a identificarme. O último xuíz dame dúas opcións ante o feito de non identificarme: Seis meses en Teixeiro, ou ir ao hospital, xa que el pensa que me pasa algo.

Lévanme en ambulancia. Eu dera ao xuíz o número de teléfono da miña nai. Chegamos ao hospital, báixanme da ambulancia, na que me nego a tomar un calmante que me ofreceran. a miña percepción de toda esa xente é ameazadora, hostil e, ao mesmo tempo, tranquilízame estar nun hospital, xa que penso que alí me van a tratar, que é unha zona segura. estábamos en urxencias, no Chuac.

Mandáronme esperar nun cuarto, onde veu un médico que me dixo que me tiñan que sedar e atar. Eu negueime, entón entrou a policía tamén, no cuarto. Habería como sete persoas, entre persoal sanitario e policial. Cheguei ata a subirme as camas para impedir que me ataran. A miña dor principal xa non era a física, senón non entender por qué esas persoas me tiñan que facer aquilo.

Finalmente, cando conseguiron atarme e sedarme, tivéronme alí tres días, atado, nos que cada día, ao despertar, me preguntaban se me ían sedar “polas boas ou polas malas”. Era unha habitación con dúas ou tres camas. A sensación de impotencia de estar intentando razoar e ao mesmo tempo defenderme de sete persoas , é moi frustrante, é moi forte, polos principios persoais de que a violencia non é o xeito de facer as cousas.

Do traslado a Oza non lembro de nada. Só a rutina de identificar onde están as miñas cousas, qué tes que facer cada día (cousas como ducharse, lavar os dentes, etc), pero sen saber onde estás realmente. No tempo que estiven alí, o único que tiña sentido era esperar ás cinco, á visita da miña familia, e portarme como se supón que me tiña que comportar para saír de ahí canto antes.

A contención non foi só unha contención física, foi tamén unha contención psicolóxica, mental, unha privación absoluta de liberdade, en todos os sentidos. A única intención é que te rindas, e o único que podes sentir é odio cara ao ser humano.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*