Informe da Asemblea do MGSM realizada en Santiago o pasado día 2 de xuño de 2018, no marco da V Xornada do Movemento

Á unha e media da tarde do 2 de xuño, no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC, en Santiago, realizouse a Asemblea do MGSM, diante da cal se presentou o informe da actividade desenvolvida ó longo do ano que discorre dende a última asemblea (realizada na xornada de xuño do ano pasado), e as liñas xerais de actividade para o vindeiro ano, e decidiuse a composición da Coordinadora e Portavocía

COMPOSICIÓN do MGSM

A Declaración Fundacional do MGSM está asinada por perto de 450 persoas, sendo a meirande parte profesionais da saúde mental de Galicia.

Ás entidades asinantes engadiuse neste ano Radio Prometea.

INFORME DE ACTIVIDADE (xuño 2017-maio 2018)

(toda a actividade está recollida na web ou en faceboook do MGSM)

Relacións institucionais

– remitido ao Conselleiro de Sanidade e aos Grupos Parlamentarios o documento Orientacións Marco para a elaboración do Plan Galego de Saúde Mental

– fomos invitados pola Consellería de Sanidade a participar nas comisións de traballo para a elaboración do Plan de Saúde Mental: contestouse propoñéndo que esa proposta lle fora realizada ás entidades integrantes do MGSM

– recibido agradecemento do BNG pola asistencia ao acto de presentación do documento “Bases Democráticas para unha nova Galiza”

– enviadas informacións a Defensor del Pueblo sobre as cuestións ás que prestou atención o MGSM

– realizada entrevista coa portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento Galego sobre iniciativas parlamentarias

Coparticipación do MGSM

– como integrantes da Coordinadora de SOS Sanidade Pública (representante: Ana Riveiro)

– membro do Consello Municipal de Saúde de Santiago (representante: Rosa Cerqueiro)

– cooperación (outubro 2017) con Amnistia Internacional para o informe La receta equivocada: El impacto de las medidas de austeridad en el derecho a la salud en España (presentado en abril 2018)

Accións públicas

– charla-coloquio sobre a situación da atención á saúde mental (dotacións e funcionamento de USM) na área da Barbanza organizada pola Plataforma Defensa Sanidade Pública do Barbanza (relatora: Iria Veiga)

– entrevistas con medios de comunicación en relación con actos ou declaracións públicas do MGSM

– valoración pública do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia. Realización de achegas ao debate no Parlamento. Realización de denuncia pública de informacións falsas vertidas sobre o MGSM, e realizadas polo portavoz de Sanidade do Partido Popular ante o Pleno do Parlamento de Galicia

– 10 de setembro-Día Mundial de Prevención do Suicidio: realización do acto “Badaladas no Obradoiro”; presentación pública de declaración nese día e difusión pública dos datos.

– 10 de outubro-Día Mundial da Saúde Mental: mesa organizada polo MGSM: crise, traballo e saúde mental; apoio a actividades na Coruña (arte e saúde)

– apoio á reivindicación de psicólogas/os clínicas/os ante a escasísima dotacións de prazas destas/es especialistas no SERGAS

– apoio e participación nas mobilizacións contra a reforma da Lei de Saúde e en defensa da sanidade pública

– apoio á convocatoria de mobilizacións (folga e manifestacións) do 8 de marzo

Declaracións públicas

– declaración sobre as falsidades sobre o MGSM vertidas polo portavoz de sanidade do PP na sesión do Parlamento de Galicia realizada sobre o suicidio (2 outubro)

– denuncia pública da situación do Hospital de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde (Lugo) e do retorno de “externados” a Conxo (pacientes enviados no seu día dende o Hospital Psiquiátrico de Conxo a un centro psiquiátrico privado no marco do plan de “exteriorización” de ingresados, e que son devoltos ao Hospital Psiquiátrico na actualidade) (27 novembro)

-denuncia pública da situación da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, na que se continua sin modificacións a pesar do denunciado sobre instalacións, contención mecánica e funcionamento. (19 decembro). Fixouse publicamente o obxectivo da abolición da contención mecánica.

– denuncia pública da morte por suicidio de paciente da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares (Santiago), salientando que non se atopaban en aplicación protocolos de prevención (25 xaneiro)

– denuncia pública da actitude elusiva de responsabilidades da Xerencia da EOXI de Lugo ante as denuncias públicas realizadas, por organizacións sindicais e o propio MGSM, sobre o estado do Hospital de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde (21 febreiro)

– denuncia pública da morte por suicidio dunha paciente ingresada no HULA (Lugo), pola carencia de programa de prevención e de recursos de saúde mental, así como da resposta dada polos responsables do Hospital aos familiares ( 21 maio)

Actividades en curso

– grupo de traballo sobre Dereitos das Persoas con Problemas de Saúde Mental (elaboración da Carta de Dereitos). Coordinador do grupo: Benito López de Abajo. Tarefa definida como de desenvolvemento continuo.

– sostemento da web e redes de comunicación social (responsable: Iria Veiga)

Outras

– orientacións a usuarios/as de servizos de saúde mental (por demanda) sobre dereitos e procedementos de reclamación do respecto e satisfacción dos mesmos

– proporcionouse por demanda orientacións a periodistas e documentalistas (temática principal: suicidio)

LIÑAS XERAIS DE ACTIVIDADE PARA O PRÓXIMO PERÍODO

A guía principal de actuación contense na Declaración Fundacional do MGSM. A óptica dos dereitos das persoas usuarias de servizos de saúde mental deberá orientar as accións do MGSM, así como as investigacións de funcionamento de servizos e a elaboración de propostas alternativas á situación actual.

A cuestión das dotacións de recursos públicos e da satisfacción das prestacións sanitarias será outro foco de atención.

A elaboración e valoración de plans e políticas públicas relacionadas coa saúde mental constituirá outra área de traballo.

Deberá tamén atenderse á sensibilización social, ao mantemento no foco de atención das cuestións da saúde mental (nos eidos da política, e da actividade social e profesional), á mobilización dos/as directamente afectados/as no traballo de xeración de alternativas e na visualización das propostas, e ao traballo de cooperación cos medios de comunicación.

ELECCIÓN DA COORDINADORA E PORTAVOCÍA DO MOVEMENTO

Apróbase a seguinte composición: Delia Guitián Rodríguez , Rocío Basanta Matos, Eva Dorado Andrade, Iria Veiga Ramos, María Xosé Abuín Álvarez (CIG Saúde), Ana Riveiro Currais (Federación de Sanidade de CCOO), Miguel Vieito Villar, Benito López-de Abajo Rodríguez, Rosa Cerqueiro Landín, Xavier Sardiña Agra, Marisol Filgueira Bouza, Paula Tomé Espiñeira, Marisol Fernández Valado, Juán Soriano Barceló, Miguel Anxo García Álvarez (portavoz).

Ás dúas e media da tarde finaliza a Asemblea.

Posted in Blog and tagged , , , , .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*