Segundas Xornadas do Movemento Galego de Saúde Mental

 Ante o éxito das anteriores xornadas, organizadas polo MGSM en xuño de 2014, este ano queremos repetir a experiencia e contar coa vosa participación. A data prevista para estas segundas xornadas é o 20 de xuño de 2015.
Deixámosvos un avance preliminar da programación:
 
1. Conferencia: o Tratado de Libre Comercio e como afectará, de asinarse, ao actual modelo sanitario
2. Mesas Redondas
– Suicidio: epidemioloxía e factores de risco, prevención.
– Dereitos en Saúde Mental
Agardamos que vos resulte interesante, continuaremos actualizando información a medida que se confirmen relatores e se concreten aspectos organizativos
A inscrición pode facerse mediante un correo ao noso enderezomgsaudemental@gmail.com, indicando datos persoais e solicitando asistencia.
Contamos coa vosa participación!
Posted in Blog and tagged , , , .