Actos do MGSM programados para o 8 de outubro

O día 8 de outubro, dentro dos actos programados na semana do 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, o MGSM ten programados as actividades que vos propoñemos a continuación. O obxectivo é achegar á cidadanía, usuarios e familiares, o trastorno mental grave, a súa problemática, e os novos retos que nos ocupan, lonxe da institucionalidade moitas veces baleira das proclamas oficiais. Participa e acompáñanos!

– Santiago de Compostela

Mesa Redonda: “Vivir con Trastorno Mental Grave”

Modera:
Iria Veiga (MGSM Compostela)

Relatores:
– Irene Martínez, psicóloga da Unidade de Saúde Mental de Noia – CHUS
– Mª Mar Piñeiro Sobrido, Presidenta da Asociación “Fonte da Virxe”
– Begoña Portela, psiquiatra do Servizo de Psiquiatría do CHUS
– Cristina Riobó, Comité de Persoas con Enfermidade Mental

Día: Mércores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas.
Lugar: Galería Sargadelos, rúa Nova 16, Santiago de Compostela
MGSM Compostela

– A Coruña

Mesa Redonda: “Día Mundial da Saúde Mental: Contra o estigma”

Modera:
Marisol Filgueira Bouza (Psicóloga Clínica)

Relatores:
– César Salgado García (Voluntario Facultade Socioloxía UDC no programa de TMG de Oza)
-Fátima Barbeito Roel, Noelia Menéndez Torreiro, Manuel Fernández, Mª Ángeles Rodríguez Fandiño (Usuarios e Familiares)
– Paula Tomé (Radio Prometea)
– Mª Carmen García Pinto (Terapeuta Ocupacional),
Paula Suárez López (Enfermeira)
– Mª Luisa Ortega García (Traballadora Social)
– Carmen Mª Guitian Martins (Auxiliar de Enfermería)
– Cristina Rivas Prado (Orientadora Laboral)
Día: Mercores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas
Lugar: Aula Magna da Facultade de CC da Saúde, Campus de Oza. A Coruña.
MGSM A Coruña

Posted in Blog and tagged , , , , , , .