Actos do Día Mundial da Saúde Mental na Coruña

1 OUTUBRO: Museo de Belas Artes da Coruña 17:00 h. Xornada de Arte eSaúde.- Teatro para a transformación social. Grupo Lusco Fusco de teatro espontáneo, usuarios e profesionais traballando coa cidadanía
4 OUTUBRO: APEM 9:30 h. I Xornada de Clínica Psiquiátrica: Atención ao Doente con Trastorno Mental Grave. Actividade non incluída no programa do MGSM, pero con participación de membros do Movemento. Destinada a profesionais da saúde mental
8 OUTUBRO: Aula Magna da Facultade de Ciencias da Saúde, Campus de Oza 17:00 h. Mesa Redonda “Día Mundial da Saúde Mental: Contra o Estigma”. Usuari@s, familiares, cidadáns, estudantes e profesionais poñen en común a súa experiencia.
Modera: Marisol Filgueira Bouza (Psicóloga Clínica)
Participantes:
César Salgado García (Voluntario Facultade Socioloxía UDC no programa de TMG de Oza)
Fátima Barbeito Roel, Noelia Menéndez Torreiro, Manuel Fernández, Mª Ángeles Rodríguez Fandiño (Usuarios e Familiares)
Paula Tomé (Radio Prometea)
Mª Carmen García Pinto (Terapeuta Ocupacional), Paula Suárez López (Enfermeira), Mª Luisa Ortega García (Traballadora Social), Carmen Mª Guitian Martins (Auxiliar de Enfermaría), Cristina Rivas Prado (Orientadora Laboral)
8 OUTUBRO: Consorcio As Mariñas, Bergondo 20:00 h. Entrega doPremio “José Luis Muruzábal” a Experiencias Innovadoras no Ámbito Sociolaboral e/ou Socioeducativo en Persoas con Enfermidade Mental. Presentada á convocatoria a experiencia do grupo de teatro espontáneo Lusco Fusco.
10 OUTUBRO: Hospital de Día de Psiquiatría, Hospital Marítimo de Oza
9:00 h. Elaboración e exposición de collages sobre os lemas do Día Mundial da Saúde Mental e a experiencia de usuari@s e profesionais.
12:00 h. Proxección e debate do vídeo “En el círculo”. Roi Guitián (Realizador audiovisual e técnico de vídeo participativo) e María Lobo (Xornalista, editora e docente en Tecnoloxías da Información e aComunicación). Gingko Producción Audiovisual e Comunicación para a Educación

O MGSM participa nas I Xornadas de Clí­nica Psiquiátrica

Dentro dos actos que preceden ao 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental,  a APEM organiza as I Xornadas de Clínica Psiquiátrica, centradas na atención ao doente con Trastorno Mental Grave. Unha compañeira do MGSM participará das palestras, achegando a nosa posición sobre o estado actual da atención á saúde mental. Dende o MGSM, cremos que o día mundial debe ser inclusivo e crítico, centrado nos verdadeiros problemas dos usuarios e profesionais da atención á Saúde Mental, especialmente nunha etapa de diminución de recursos e duros ataques privatizadores. Informaremos dos actos que se vaian realizando de cara ao día 10 de outubro, nos que achegaremos a reivindicación aos seus verdadeiros protagonistas. PARTICIPA!

 

Inaceptable resposta á pregunta parlamentar do MGSM

A requerimento do MGSM, o PSdG formulou en sede parlamentar unha pregunta instando á Consellería de Sanidade a que explique a reunión mantida coas empresa farmacéutica Lundbeck e a Fundación Bamberg, un importante lobby que actúa como grupo de presión, o día 2 de xuño no Hostal dos Reis Católicos, precisamente neste momento de iniciativas privatizadoras da Sanidade Pública (podes ver a nova no noso blogAQUÍ). A esta pregunta, a resposta da Consellería limitouse a unha soa liña: “O día 2 de xuño tivo lugar unha reunión de traballo sobre saúde mental, similar ás celebradas en Cataluña, País Vasco, Madrid, Castela-León, Valencia e Murcia”.
Dende o MGSM, consideramos que esta resposta, que non responde nada, consitúe unha falta de respecto e unha burla ao Parlamento, asi como unha deixación da súa obriga de explicar e xustificar as decisións que se toman ante os e as representantes da cidadanía. Amparados na maioría absoluta, nin sequera consideran preciso dar conta de con quen se reúnen e para que, en tanto que representantes públicos.
Ante esta actitude intolerable, rogamos a maior difusión. Comparte e difunde!
Podes consultar as referencias en prensa en Praza Pública, Sermos Galizae a propia web de Fundación Bamberg